Parlamento Xove 2017: ¡magnífico traballo!

22 de abril de 2017

parlaxoven

 

Os días 21 e 22 de abril, no Hotel Peregrino e no Parlamento de Galicia, en Santiago, tivo lugar a fase final do Parlamento Xove 2017. O noso equipo de debate, formado por Iria Picón, Manuel Pérez, Gábor Pazos e Estela Riveira, de 4º da ESO, perdeu en cuartos de final co equipo do IES Basanta Silva, de Vilalba.
Quedamos ás portas das semifinais pero vendo o traballo realizado, o esforzo investido e a ilusión que Iria, Manuel, Gábor e Estela puxeron na actividade non queda máis que felicitalos a todos eles.

¡¡¡Parabéns!!!

Fagamos un uso saudable das TIC

20 de abril de 2017

IMG_1629
Este xoves visitounos D. Ramón Fernández, membro da Garda Civil e colaborador no Plan Director para a Convivencia a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Contornos. Mostrounos os erros que cometemos habitualmente cando manexamos as novas tecnoloxías e internet, e os riscos que corremos como consecuencia delo. Animounos a facer un uso saudable das mesmas e deunos moi bos consellos a ter en conta para acadalo. Unha vez rematada a súa intervención tivemos a oportunidade de aclarar todas as nosas dúbidas sobre o tema…e foron moitas. Gustounos moito a súa boa “conexión”.

Charla sobre oratoria a cargo de Santiago Martínez

19 de abril de 2017

O mércores, por mediación da ANPA do colexio, recibimos a visita de Santiago Martínez, coñecido consultor político e profesor de oratoria e xurídica. Ao longo de case hora e media Santiago ensinounos algúns recursos e dounos recomendacións, co apoio de vídeos e exemplos prácticos, sobre como mellorar a expresión oral.
Como Santiago nos dixo, os oradores nacen, pero tamén fanse.

Mañá artística por Santiago

7 de abril de 2017


O martes, 4 de abril, os alumnos de 3º e 4º da ESO fixemos una visita didáctica a Santiago de Compostela. Saímos do colexio ás 9 da mañá e a primeira parada en Santiago foi o Teatro Principal para asistir, e gozar, da obra de teatro “Manawee”, do grupo Matrioshka. A continuación, na Fundación Abanca vimos unha exposición do pintor lucense Xesús Corredoyra, axudados por unha guía e alí tamén realizamos una actividade didáctica sobre a pintura exposta; na aula taller da propia fundación fixemos un póster-colaxe sobre nós e as nosas preferencias na vida.
Teatro e pintura, unha mañá dedicada ás artes.

 

Foto 3

Esquiando en Leitariegos !

19 de marzo de 2017

DCIM100GOPROG0044890.

1 / 6512345...102030...65